Todos as nosas pezas están elaboradas artesanalmente. Nas descricións dos produtos atópanse imaxes e datos que facilitan a orientación sobre os obxectos. Ó ser artesáns, non van ser nunca iguais e as medidas son orientables.
Pago
Acéptanse pagos con tarxeta, Bizum e por transferencia bancaria.
Envío
Se a peza está en stock, enviarase tras o recibo do pago.
Son enviadas por medio de Paquetería. O prazo de entrega desde que sae son 48/72 horas. Terás o teu número de seguimento para consultar o estado do envío.
Non nos facemos responsables dos gastos de envío adicionais incorridos se os paquetes son devoltos debido a ausencia do cliente, errores nas direccións ou rechazo do paquete.
Devolucións e cambios
Nós queremos que o noso produto che guste, pero se non é así por algunha razón, ponte en contacto con nosoutras de forma inmediata.
Lembra que os nosos produtos están feitos a man, poden variar lixeiramente na súa apariencia, veta ou ton. Esto non será considerado un defecto.
Aceptamos a devolución ou cambio nun prazo máximo de 14 días tras recibir o paquete. É importante que o produto manteña o seu estado orixinal, en boas condicións, sen usar e no envoltorio no que se recibiu.
Requírese o comprobante de compra para completar o proceso.
Cando a peza sexa devolta e comprobemos que está en perfectas condicións, realizaremos o cambio ou devolución.
Os gastos de envío non son reembolsables (corren a cargo do cliente), así como o cliente é o total responsable do envío de volta ó taller. Nós non facemos responsables do produto perdido ou danado en tránsito cara o taller.
Paquete danado
En caso de recibir o paquete danado polo transporte, infórmenos o antes posible para estudar o problema e procederemos ó cambio ou devolución se procede.
Encargos personalizados
Non se admiten cambios nin devolucións se o encargo foi personalizado.