Ola. Somos Chus e Ana, fai uns anos creamos o espazo O Covil, o noso taller artesán, onde desenvolvemos as nosas inquietudes creativas e artísticas a través do traballo.
Comezamos realizando tarefas de restauración e tapizado de mobles, onde avogamos por manter o mobiliario herdado no que o valor sentimental axuda a permanencia destas pezas que son parte da nosa historia.
Co tempo gañamos experiencia, animándonos a desenvolver outra das nosas iniciativas, deseñando e fabricando as nosas propias pezas.
Os nosos obxectos son realizados de maneira artesanal utilizando a madeira como materia prima e traballándoa con técnicas de ebanistería e torneado.
Atopamos na madeira o canal condutor entre a idea e o proxecto final.
Levando a cabo estes proxectos propios conseguimos facer o que queremos e da maneira que queremos, sendo o noso traballo máis sostible e ecolóxico cada día.