No ano 2024 celebrouse en Santiago a primeira edición do Creafogar, Durante 20 días, unha vivenda histórica de Santiago de Compostela foi unha mostra viva do interiorismo galego. Un proxecto que combinou deseño, tradición e sostibilidade, dando visibilidade ao talento local e á artesanía do noso territorio. Nós tivemos a oportunidade de participar con pezas de decoración e Chus aportou unha das súas esculturas para o evento.