A través dun diálogo coa madeira creo obras de arte escultóricas que contan as miñas inquedanzas sobre as problemáticas da muller na sociedade.
Mediante as técnicas de talla e torneado doulle forma á materia axudada polas cualidades da mesma.
Experiencia artística:
- Participación no taller de mobiliario urbano, impartido por Acisclo Novo, coa iniciativa artística Aldea dos Nenos.
- Exposición colectiva de mail art, no espazo Lever du Soleil, coa peza Víctima.
- Centro Cultural Marcos Válcarcel, dentro da exposición das pezas realizadas no curso de talla de madeira da escola de artes e oficios da deputación de Ourense, coa peza que leva por título Comerse el Mundo.
- Gabinete de Psicoloxía Marta García, dentro do seu espazo expositivo #Mujeresqueinspiran, coa peza Re-forma.
- Participación no evento de interiorismo Creafogar, coa peza Impulso.
- Participación na exposición colectiva Transformació, tras ser seleccionada no III Concurs Internacional d’escultura ICRE, coa peza Pende dun Fío.
- Participación na exposición colectiva do XI Certamen Nacional de Escultura San Bartolomé de la Torre, tras ser seleccionada, coa peza Impulso.
- Participación na exposición colectiva do XXXIX Concurs de Pintura Sanvisens i XXIX d’escultura Pere Jou, coa peza Pende dun Fío.
Obras
Pender dun fío
De maneira simbólica, como o filamento de seda que constrúe o verme para formar o seu casullo, onde envolverse coa fin da súa transformación a bolboreta, tamén nós durante a nosa existencia tecemos os nosos recordos que son ese fío do que penduramos que nos leva á transformación do que somos. É o continuo facer e desfacer a través do que nos construímos.
Ruptura
Pieza realizada partiendo de la reflexión de la ruptura del sometimiento de la mujer al tiempo. De una manera simbólica la arena de este reloj adopta forma de mujer y va destruyendo el contenedor que representa la presión social que ejerce el tiempo sobre nosotras desde que nacemos.














